Información básica sobre o proxecto
VIEIRO é unha ferramenta para a recollida de datos relativos á fauna atropelada nas vías de comunicación galegas, centrándose na comarca da Mariña Lucense.
É de interese información sobre calquera especie na que se adxunte unha fotografía e se envíe a localización do exemplar (rexistrando a ubicación ou anotando o punto quilométrico).
O obxectivo e recadar información para xestionar e planificar a conservación de certas especies animais, mellorando as características das estradas e autoestradas para que resulten máis respetuosas coa vida silvestre.